Conxunto conventual

O conxunto presenta hoxe en dí­a un aspecto remozado que respecta de xeito rigoroso o seu carácter arquitectónico. O estado actual destas dependencias é froito dunha serie de obras de rehabilitación desenvolvidas entre 1991 e 1998.

As orixes do conxunto correspóndense cunhas primeiras edificacións construí­das na primeira metade do século XVI, destinadas ao convento da Orde dos Dominicos instalada na Vila dende 1303. Con todo, as edificacións que chegaron aos nosos dí­as son do século XVIII.

O convento orixinario foi destruí­do por un incendio no ano 1550. Malia que se realizaron obras de resconstrución ao longo do século XVI e nas primeiras décadas do XVII, estaba en estado ruinoso a comezos do século XVIII. Será ao longo do XX cando se realicen os traballos que lle deron ao conxunto o seu aspecto actual, incluí­ndo a Igrexa, levantada de nova planta en 1776. O Convento co claustro e a Igrexa co seu adro ocupan unha superficie total de 5.000 metros cadrados.

O conxunto conventual acolle hoxe en dí­a a Casa Consistorial, o Teatro da Beneficencia, o Centro de Interpretación e a Igrexa parroquial.