Axenda

I Concentración mototurística "Vila de Ortigueira"

Inmediacións da estación de FEVE, a partir das 15 h

Motoclub Ortegal organiza este evento que convocará a peñas, grupos, motoclubes e amantes do mundo das dúas rodas procedentes de distintos puntos da xeografía galega e española en xeral.

O encontro, que se prolongará ata o domingo 10 de abril, incluirá xogos, exhibicións acrobáticas, concertos e unha ruta turística, entre outras propostas.