Xornadas gastronómicas

Feira do mel e da mazá

Este evento, de marcado carácter gastronómico, desenvólvese na Vila coincidindo coa festa de San Martiño, e serve para promocionar este produto de máxima calidade e a apicultura como actividade tradicional a conservar.

Con máis de vinte edicións ás súas costas, a feira sumou nas súas últimas entregas ás degustacións e aos postos de comercialización de mel elaborado na zona, casetas de artesaní­a e obradoiros lúdicos.

A festa busca, en definitiva, fomentar o consumo de mel de Ortegal, un produto natural con innumerables beneficios para a saúde, e que ven tamén gañando forza en eidos como o da cosmética.

Xornada gastronómica de doces do entroido

En pleno entroido, en Ortigueira non faltan nin os disfraces nin a boa mesa. Por iso, o concello convoca anualmente unha xornada gastronómica de doces propios desta festa (orellas, bolas freixós e pestiños), na que poden participar todos os veciños e veciñas con inquietudes culinarias. Tras a entrega de premios, realí­zase na Vila unha degustación popular.