Axenda

Teatro infantil y familiar: Saaaabor.

Teatro de Beneficencia, 19:30 h.

 Culturactiva S.  Coop.  Galega presenta a Félix Rodríguez e a Fran Rei tráennos  Saaabor!, unha proposta para todos os públicos, de creación propia e dirixida por Avelino González.Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.Félix Rodríguez é un actor e músico con ampla traxectoria escénica en compañías como Odaiko,  Píscore e Trío  Refugallo, que nesta ocasión compleméntase perfectamente con Fran Rei, cómico que participou en máis de 20 montaxes con compañías como Vos  Sete Magníficos  máis Un,  Pallasos en Rebeldía ou  Acontrabutaca. Xuntos crearon este espectáculo, unha receita chea de sabor que fará as delicias dos padais máis esixentes.

Prezo da entrada: 3,50 €