Axenda

Teatro infantil e familiar: Pinocchio.

Sábado 11 de decembro ás 19:30 h. no Teatro de Beneficencia de Ortigueira.

Teatro Ghazafelhos, coa colaboración de Rigoletto Teatro, deciden contarnos a historia de Pinocchio. Un títere universal que nos enche de risa e emoción, e que agocha un segredo no seu corazón de bidueiro. Cunha posta en escena que combina os monicreques, o teatro, e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.
Prezo da entrada: 3,50 €.