Muiño de mareas de Senra

Pechado ata novo aviso.
Desculpen as molestias.

Interese histórico - marí­timo e interese natural fúndense neste espazo lúdico, que constitue un museo en si mesmo.

Tras anos de abandono, a rehabilitación do inxeño hidráulico, situado ao fondo da Rí­a de Ortigueira, na parroquia de Senra, recupera parte da historia social e económica local.

A visita supón unha viaxe no tempo para coñecer a tecnoloxí­a e comprobar como funciona, movido pola enerxí­a do mar, este muiño de fariñas, de 1910.

Aproveitando a súa situación, no humedal protexido que é a Rí­a de Ortigueira- Ladrido, a instalación dispón de zona reservada para a observación de aves, con material especializado. Ademais, é sede da Asociación ornitolóxica Calidris.