Malla Tradicional

En setembro celébrase a "malla tradicional" que recrea como se realizaba antigamente nas aldeas o traballo de extracción do cereal limpo do trigo para facer o pan. Con esta festa popular preténdese dar a coñecer e conservar as tradicións agrícolas e o espírito cooperativo que presidía os labores no campo.

Paralelamente desenvólvense múltiples actividades que abranguen dende unha comida popular ata un encontro de xinetes da zona.