Santuario de Portas

Templo situado na serra da Panda (parroquia de Devesos), próximo ao histórico "Camiño dos Arrieiros" que, ademais de pola súa localización nunha contorna natural de gran beleza, destaca pola notable simboloxí­a e a cantidade de lendas e tradicións que ten asociadas. Entre as máis populares, atópanse as que aluden ás propiedades da auga da fonte próxima ao santuario, da que se di que dá boa sorte e axuda a curar penas e males.