Axenda

Teatro familiar – Ummm!!

Teatro de Beneficencia, 17.00 horas

Teatro Avento Produccións presenta Ummm!!! Unha comedia musical para chuchar os dedos. A pastelaría de dona Remedios ten cada vez menos clientes porque a súa dependenta, Ana, só sabe facer boliños de crema. Para facer fronte a este problema, Dona Remedios, decide contratar un novo axudante capaz de achegar novas ideas e facer os doces que a xente está a demandar nestes días. O problema é que, ás veces, esas novas ideas da cociña moderna poden entrar en conflito co bo facer máis clásico de Ana.

Idade recomendada de 3 a 8 anos.

Entrada: 3 euros.