Axenda

Teatro infantil: A máquina do tempo

Teatro de Beneficencia, 19:00 h.

A compañía de teatro Ghazafelhos regresa a Ortigueira con "A máquina do tempo". Nesta aventura, a doutora Mon e o seu axudante Pe logran construír unha máquina do tempo coa que nos mostrarán a verdadeira historia das civilizacións mandando a  Pe e a "algún voluntario ou voluntaria" a distintas épocas da nosa historia.
Para nenos e nenas de 5 a 12 anos.
Prezo da entrada: 3 €