Axenda

Exposición de pintura: "As miradas de Ortigueira"

Centro de Recepción de Visitantes.

O artista ruso afincado en Ortigueira, Sergey Sozonov, expón a súa obra que nesta ocasión está composta por retratos, a maioría deles de veciños do concello. A obra destaca polo seu realismo que ás veces nos fai dudar entre a pintura e a fotografía.

A mostra poderá visitarse durante todo o mes de marzo no Centro de Recepción de Visitantes, no paseo marítimo, de luns a venres de 8 a 21 h, excepto os martes que sólo estará aberta de 8 a 15 h. A fin de semana o horario retrásase de 10:30 a 22 h.