Axenda

Roteiro ao Santuario de Nosa Sra. de Portas

Saída ás 10:00h. da Oficina de Turismo da Lagarea en coche propio

Esta ruta de montaña atravesa unha das poucas fragas (bosque atlántico) que quedan na parroquia de Devesos ata o santuario de Nosa Señora de Portas.

Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.

Todas as persoas interesadas deberán inscribirse previamente no Centro de Recepción de Visitantes, no paseo marítimo. O prezo da actividade é de 8 euros.