Axenda

Teatro infantil: "Frankenstein"

No Teatro da Beneficencia ás 20:30 h.

Partindo dun clásico como a obra de Mary Shelley, Ghazafelhos profundiza nas diferencias que, en ocasións, nos fan sentir mal ….

Que pode agocharse tras un castelo oscuro perdido no medio das montañas…? Quizais algo que non quere ser descuberto ou quizais algo que agarda con impaciencia que o descubran…

A Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepí­o veranse inmersos nunha nova e arrepiante aventura nas entrañas dun castelo onde, nada é o que parece…

Prezo do billete: 2,50€