Axenda

Inauguración e mesa redonda da exposición : "Federico G. Maciñeira e Pardo de Lama. Inédito."

No Museo Ortegalia ata o 27 de xullo.

No marco da homenaxe que realiza Ortigueira Literaria Dixital a Federico Maciñeira e Pardo de Lama, o próximo 1 de xuño, ás 20:30h., inaugurarase no Museo Ortegalia a exposición Federico G. Maciñeira e Pardo de Lama. Inédito. Esta mostra temporal, que se manterá aberta ao público ata o 27 de xullo, formula un percorrido pola súa polifacética vida a través de documentos inéditos, imaxes e obxectos relativos ao seu traballo, así como permite gozar de interesantes pezas arqueolóxicas da súa colección particular.

A continuación terá lugar unha mesa redonda na que intervirán: Xosé-Lois Armada Pita, Xosé Carlos Breixo Rodríguez, Fernando Pérez Sampedro e Anxo Rosende.