Axenda

Espectáculo musical: Brinca vai! De aquí a acolá!

Biblioteca Municipal, 17:30 h.

Brinca  Vai! De aquí a  acolá é un espectáculo baseado no libro- cd- dvd  Brinca  Vai!, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
O músico e actor Paco  Nogueiras vai aos seus espectáculos cos seus instrumentos e a súa querida Maquina nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o Magosto, o Samaín, o Entroido, o Nadal) e o respecto á nosa lingua son parte do repertorio. Unha fantástica oportunidade de saltar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música convértese en sorriso.
Para nenos a partir de 4 anos.