Axenda

Teatro: "Kungfundidos"

No Teatro da Beneficencia ás 20:30 h.

Dous grandes maestros formados en dous mosteiros secretos do Himalaia, descoñecidos para a civilización occidental ensinarannos unha nova filosofía que lles fixo ser quen son: o TE LIKIDO.

Tras varios anos estudando esta nova filosofía, Bucanero volve ó camiño da ensinanza en clave de humor. Estes dous grandes maestros percorrerán toda-las súas andaduras para ensinarnos a súa orixe dende o principio, a orixe da súa amizade e a orixe e demostración do seu dominio da mente humana.

Prezo da entrada: 3,50€