Axenda

Presentación do libro "Camilo Díaz Valiño. Unha biografía artística".

Venres 10 de decembro ás 19:30 h. no Teatro de Beneficencia de Ortigueira.

Presentación do libro "Camilo Díaz Valiño. Unha biografía artística", de Iria  Friné Rivera.

Este polifacético artista, escritor e intelectual galeguista foi o autor artístico do Belén da igrexa parroquial de Ortigueira e estaba moi vinculado á vila por ser fillo  dun ortegano.

O acto organízao a asociación Terras do Ortegal.