Axenda

Teatro: Alma en pena

No teatro de Beneficencia ás 20:00 h.

A Agrupación teatral Agarimo presenta en Ortigueira a comedia Alma en pena, escrita e dirixida por Andrés Picallo.

Máis dunha ducia de personaxes forman parte da historia da petición de man da filla dos Fonticoba, acontecemento alterado pola chegada dun antigo pretendente.

Entrada gratuíta.