Axenda

Exposición de pintura: De Argantonio a Breogán

Do 4 ao 19 de setembro no espacio Artegalia, Museo Ortegalia.

Juan Manuel Álvarez Romero (Sevilla 1965) expón sete cadros que forman parte dunha exposición itinerante composta por máis de 30 obras, onde representa a idealización do mundo tartésico e fenicio e a súa influencia no mundo celta.
Juan Manuel Álvarez Romero estudiou na Escuela de Artes y oficios de Sevilla na especialidade de talla en pedra.
A súa traxectoria mostra rasgos moi particulares, libres de condicionantes académicos, que acuñan o seu principio vital de fidelidade.
1986 Primeiro Premio de Escultura "Distrito Municipal V", de Sevilla
1987 Beca de estética escénica en Estocolmo (Suecia)
Finalista no certame Emilio Ollero
Premio Nacional de pintura Arpa "Carmona" 2003
Premio nacional de pintura Endesa "Puertollano" 2001
+ INFO EN:
http://manearte.com