Axenda

Cine: Toro

Teatro da Beneficencia, 20:30 h.

Dentro do ciclo Cinemas de Galicia proxéctase este thriller dirixido por Kike Maíllo e protagonizado por Luis Tosar, Mario Casas e Xosé Sacristán.

Sinopse: dous irmáns reencóntranse despois de cinco anos. Un estivo no cárcere. O outro roubou a un perigoso perista e agora foxe xunto a Diana, a súa filla pequena. Os tres emprenden unha viaxe pola Andalucía violenta, mítica, agreste e salvaxe. Unha viaxe na que aparecen as vellas feridas do pasado e durante a cal os irmáns se ven obrigados a reconciliarse para salvar a vida.