Axenda

III Obradoiro Gastronómico de Sensibilización "Á Beira do Mar"

Praza Isabel II 11 h.

O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal, en colaboración coa Federación de Comercio da Mariña, é o organizador desta actividade de sensibilización de acceso libre para tódolos públicos.

O cociñeiro Suso Liste elaborará en directo receitas de cociña a base de productos do mar de tempada obtidos nas lonxas do territorio; amosará como limpar e cociñar o peixe de distintas maneiras.

Por outra banda, Lucas Requeixo explicará o aporte nutricional de cada receita e o estudo económico para rendibilizar as nosas comidas aproveitando os recursos da zona e as tempadas dos mesmos. Os productos de acompañamento das receitas serán de "km. 0", é dicir, de producción ecolóxica e de proximidade.

Os participantes poderán levar un pequeño receitario cos pratos elaborados.

Paralelamente tamén se levarán a cabo uns "Talleres de Mar" para os nenos de todas as idades, co fin de introducilos no mundo mariño e potenciar o respecto polo medio ambiente.