Muíño de vento de Campo da Torre

Atópase no máis alto do outeiro que domina a Vila, sobre o barrio do Ponto. Tras décadas en estado ruinoso e oculto tras eucaliptais, o muíño de vento foi reconstruído de xeito fidedigno pola Fundación Ortegalia no ano 2005, de maneira que, na actualidade, estarí­a en condicións de traballar como outrora.

De corpo cilíndrico, cuberta xiratoria e con catro pares de aspas, quen ascenda á zona verde e visite o inmoble poderá descubrir a súa impresionante engrenaxe que conserva as dúas pedras de moer, unha para o trigo e outra para o millo, e coñecer o seu funcionamento.

O emblemático muíño foi construí­do no ano 1888 nun lugar de marcado interese arqueolóxico. Non en balde, neste emprazamento levantouse, no seu dí­a, un poboado castrexo (consérvase o foso que rodea a cúspide do outeiro) e posteriormente unha fortaleza medieval reformada en época moderna.