Axenda

Contacontos “O xogo de Nano”.

Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”, 18:00 h.

Para continuar coa conmemoración do Mes do Libro, chega á Biblioteca Pública Municipal “Juan Fernández Latorre” o contacontos “O xogo de Nano” con Raquel Queizás. Trátase dunha actividade especialmente dirixida a peques de 1 a 4 anos (que deberán asistir acompañados dun adulto).

As prazas dispoñibles son limitadas. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición na Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”. Teléfono: 98.400.101.