Axenda

Obradoiro musical de Nadal.

Biblioteca municipal "Juan Fernández Latorre", 11:00 h.

O Concello organiza este obradoiro de Xandobela “Imos a cantar o Nadal” para nenos e nenas de 4 a 12 anos (os menores de 6 anos deberán acudir acompañados por un adulto).

Proposta musical de animación de rúa que persegue difundir o patrimonio cultural inmaterial relacionado coa tradición do Nadal galego entre a xente máis nova dunha maneira creativa, participativa e amena: a literatura oral (os Cantos, os romances…); a música (os ritmos e melodías empregadas; os instrumentos…); e tamén os rituais relacionados con ir cantar os Reis e o Nadal (pedir licenza, pedir o aguinaldo, os agradecementos…).

A proposta está dividida en dous momentos diferenciados:

  • Sesión didáctica e musical sobre os Cantos de Reis e de Nadal.
  • Animación de rúa: pasarrúas con parella de gaita e percusión polas rúas e prazas das vilas

Prazas limitadas. Inscrición previa na Biblioteca ou no 981 400 101.