Axenda

Obradoiros tecnolóxicos Beebot + Zowi + Ozobot + Minecraft

Na Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre” do 15 ao 17 de abril ás 10:00 e 12:00 h.

Do 15 ao 17 de abril terán lugar dous obradoiros tecnolóxicos de Beebot + Zowi + Ozobot + Minecraft con TRAINNOVA.

Os obradoiros teñen unha duración de dúas horas e estarán repartidos en dúas quendas: ás 10.00 horas para a rapazada ata 8 anos, e ás 12.00 horas para a rapazada a partir de 8 anos.

As prazas dispoñibles son limitadas. As persoas interesadas poden solicitar máis información e realizar a súa inscrición: Biblioteca municipal “Juan Fernández Latorre”. Teléfono: 981.400.101.