Teatro da Beneficencia

O Teatro da Beneficencia está na ala este do edificio conventual, empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu a finais do século XIX as obras que converteron estas dependencias nun recinto cultural. Froito desta iniciativa, e gracias ás achegas económicas dos habitantes da Vila, inaugurábase en 1850 o Teatro da Beneficencia.

Vintecinco anos despois o Concello asumiu os traballos que lle deron o aspecto que hoxe presenta. Só faltaban entón o pano do escenario e as pinturas que decoran o teito, realizadas na década final do século XIX. Estas son obra de Vicente Martí­nez Laxe en 1892 -predominio dos tonos claros e dos corpos medio espidos- e Pedro Castiñeiras -panorámica da Vila-. Ámbolos dous eran artistas locais.

O Teatro rexuveneceuse seguindo a planificación conxunta de Gerardo Salvador Molezún, Rafael Baltar Tojo, José A. Bartolomé Argüelles e Carlos Almuiña Díaz, e reinaugurouse en 1991. O local de 35 x 6,5 metros, con escea, palco e paraí­so, amosa actualmente toda a súa beleza, propia dunha pequena obra de arte con sabor romántico.

Ofrécense visitas guiadas gratuitas no seguinte horario:

  • luns e martes ás 13 h. 
  • de mércores a venres ás 13 h e ás 18 h.
  • sábado ás 11 h, 13 h. e 18 h.
  • domingo ás 11 h e 13 h.

As visitas estarán suxeitas á dispoñibilidade do espazo. Os grupos de máis de 20 persoas deberán concertar previamente no teléfono 981 974 103, cunha antelación mínima de 48 horas.