Axenda

Desfile de disfraces e Baile de Entroido 2015

Saída ás 21 h. dende a Biblioteca ata a carpa da Alameda

O luns ás nove da noite comezará o tradicional desfile de disfraces que percorrerá as rúas do centro da vila, dende a Biblioteca ata a Alameda. Nel participarán comparsas e grupos tanto locais coma foráneos.

Ao seu fin comezará o Gran Baile de Disfraces con Mac Animación.

A entrega de premios será á 1 da madrugada.

Inscricións ata o día 16 no concello, telf.: 981.400.000, ou na Biblioteca de 20 a 21 h.