Axenda

Obradoiro para a elaboración das directrices da paisaxe da nosa comarca.

Aula Cemit ás 19:30 h.

Trátase dun proceso de consulta ciudadana que parte da Fundación Galicia Sustentable e do Instituto de Estudos do Territorio e no que colaboramos dende a Concellería de Patrimonio e Paisaxe.

A xornada, aberta a todo o mundo, ten como finalidade poñer en valor, conservar e difundir as paisaxes singulares de Galicia. Gustaríanos contar ca axuda e colaboración de todos para destacar, nese futuro mapa, os lugares e paisaxes da nosa terra.

Aula Cemit Ortigueira /cemit.ortigueira@xunta.es
Tfno. 981 40 25 33