Axenda

Teatro infantil: "3, 2, 1..."

No teatro da Beneficencia ás 20:30 h.

Teatro Ghazafelhos presenta un espectáculo de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de monicreques e obxectos e moita música.

Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí encóntrase cunha extraterrestre que tamén chegou de exploración. Despois do estraño encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentimentos que xamais sospeitarían ter.

Prezo da entrada: 2,50 €