Axenda

Sendeirismo: Roteiro das Algas

Saída no tren dende Ortigueira, ás 9:10 h.

A Concellería de Turismo e a empresa Roteiros organizan este itinerario interpretado que comeza ca baixada á praia, por un dos antigos camiños de percebeiros, para poder ver en vivo e en directo a riqueza que se xenera na nosa costa: polbo, percebes, barbadas, erizos, etc. e as formas que teñen as nosas xentes de recolectar estos manxares.

Ó fin da ruta os asistentes poderán degustar, de maneira gratuíta, un pincho típico da zona.

O camiño de volta farase no tren da costa das 16:20 horas. As persoas interesadas deberán inscribirse previamente na Oficina de Turismo. O prezo da actividade é de 8 euros, ao marxe do custe do transporte.