Axenda

Exposición "Pioneiros da arqueoloxía: Federico Maciñeira e Pardo de Lama"

Ata o 22 de abril na Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre

Dende hoxe e ata o 22 de abril, pódese visitar na Biblioteca municipal a exposición "Pioneiros da arqueoloxía: Federico Maciñeira y Pardo de Lama, 1870-1943". A mostra, cedida polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba, inclúese dentro do programa de actividades co que Ortigueira Literaria dixital conmemora durante este ano o setenta aniversario do falecemento do célebre arqueólogo.