Axenda

Visita de Papá Noel a Ortigueira, 2016.

Praza Isabel II, 17 h.

Un ano máis Ortigueira agarda a visita de Papá Noel para que todos os nenos lle poidan entregar en man a carta cos seus desexos.

E para celebrar a súa chegada o Concello organiza unha festa con música, xogos, obradoiros... onde todos os nenos poderán desfrutar esa tarde.