Axenda

Cine: Inevitable

Teatro de Beneficencia, 19 h.

Drama romántico español dirixido por Jorge Algora no 2013. Ciclo Cinemas de Galicia.

Sinopse: Fabián e Mariela son a parella perfecta, el é executivo dun banco e ela ten unha consulta como psicóloga. A repentina morte dun compañeiro de traballo fai que Fabián busque refuxio nas teorías dun famoso escritor, as súas ideas converterano nun xoguete do destino.

Prezo da entrada: 3€