Axenda

II Mercado Mariñeiro e outlet do comercio de Ortigueira

Ata o 21 de agosto na Alameda

Durante estes tres días, acompañando ao Mercado Mariñeiro, haberá Feira de Artesanía, xogos recreativos e degustación de 370 kg de marisco da ría e lácteos e mel do Ortegal.

O mercado cobrará vida a partires das 18 horas do venres 19 de agosto e cerrarase na noite do domingo 21, o día grande da iniciativa lúdico-gastronómica, ca celebración comida, que se espera multitudinaria, destinada a promocionar os productos do mar do concello. O menú, que se servirá na carpa habilitada ao efectoa partires das 13 horas por un prezo de 10 euros, berberechos, ameixas, caldeirada de mariscos e, de postre, requeixo e mel do Ortegal.

Veciños/as e turistas poderán aproveitasr a visita para achegarse á carpa do outlet, organizado en colaboración ca Asociación do Comercio de Ortigueira, ou ben para perderse entro os case setenta postos que sonformarán o Mercado Mariñeiro. Este permanecerá aberto ao público de 11a 15 e  de 18 a 23 horas.

Ademáis, paralelo a todo isto desfrutaremos de actividades musicais, pasarrúas e acrobacias.

O sábado 20  ás 22 horas terá lugar, na explanada da Alameda, o pregón a cargo do xornalista ortegano Manolo Méndez e, a continuación, o concerto de Nordestin@s.