Axenda

Concerto de gaita, grupos celta e tradicional.

Centro Social de San Adrián, 18:30 h.

A parroquia de San Adrián acollerá de novo este sábado, no seu Centro Social, un concerto de gaita a cargo dos grupos celta e tradicional, da Escola de Música do Concello de Ortigueira.

Esta actividade enmárcase dentro do ciclo Música para a Vida, que ven desenvolvendo nos últimos anos a EMCO.

Entrada de balde.