Axenda

Monólogo: "Contos e outras andrómenas"

Ás 20:30 h. no Teatro de Beneficencia.

Espectáculo para nenas e nenos de 0 a 99 anos onde Pedro Brandariz narra, conta e escenifica contos e historias recollidos da tradición oral galega. 

Contos de raposos, árbores, cativas e cativos ... que conviven nun recanto do mundo chamado “Galicia”. 

Pero “Contos e outras andrómenas” non é un simple contacontos, senón que hai moito humor, maxia, xogos, sorpresas …

Entrada: 2,50 €