Axenda

Teatro infantil: "Uxío no país de Patadecabra"

No Teatro de Beneficencia ás 19:00 h.

Uxío é un neno de sete anos que quere chegar a ser un gran mago, aínda que a súa realidade lle di todos os días que non é posible. Ata que un día, a través dun soño, todo cambia. Neste soño comezan a pasar cousas extrordinarias. Que pasará cando Uxío esperte?

Sen dúbida unha historia envolvente que nos demostra que para conseguir algo só hai que desexalo con moita forza.

Prezo da entrada: 2,50€