Axenda

Cine: "o clube dlos incomprendidos"

Teatro da Beneficencia, 19:30 h.

A película é unha adaptación do libro “Buenos Días Princesa” de Blue Jeans, dirixida polo coruñés Carlos Sedes.

A historia céntrase en Valeria, unha moza que acaba de trasladarse a Madrid tras a separación dos seus pais. No seu novo instituto vese obrigada a asistir a unhas reunións co orientador ás que tamén acuden outros compañeiros de clase. O que nun principio parecería un mal comezo para a nova existencia de Valeria, acaba convirtíndose no inicio dunha incrible experiencia vital. Novas amizades, unha cidade chea de posibilidades, o primeiro amor, intensas experiencias que trocarán para sempre as vidas deste novo grupo de amigos.

Prezo da entrada: 3€