Axenda

Exposición: "Luz de silencios"

No Centro de Recepción de Visitantes ata o 28 de abril

O Centro de recepción de visitantes acolle a mostra itinerante de pintura "Luz de silencios", surrealismo coa mirada de Andrés Otero Amoedo. Trátase dunha selección de obras de distintos estilos e técnicas que responden a distintos momentos de ánimo e experiencias vitais complicadas vividos nos últimos vinte anos polo autor ferrolano.