Axenda

Conferencia: "Dende as pescudas modernistas de Maciñeira á arqueoloxía contemporánea en Galicia"

No Museo Ortegalia ás 20:30 h.

O venres 25 de outubro, ás 20:30h., o historiador Felipe-Senén López Gómez impartirá, no Museo Ortegalia, a conferencia "Dende as pescudas modernistas de Maciñeira á arqueoloxía contemporánea en Galicia".

A partir desa mesma data e ata o 30 de novembro estará aberta ao público a exposición "Achados arqueolóxicos do Ortegal", colección particular de Xosé Carlos Breixo Rodríguez.