Axenda

Exposición itinerante "As árbores fan o bosque"

CEIP José María Lage

Dende o xoves 17 de xaneiro está instalada a exposición itinerante "As árbores fan o bosque" no CEIP José María Lage. A mostra engloba 24 das especies arbóreas máis representativas de Galicia, facendo unha descrición de cada unha delas e explicando os seus usos e certas curiosidades.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto iniciado polo CEIP para identificar e dar a coñecer as árbores presentes no recinto escolar.