Axenda

Teatro: "Bobas & galegas"

No Teatro de Beneficencia ás 20 h.

Mofa e Mofa chegan ao Teatro de Beneficencia co seu novo espectáculo "Bobas & Galegas. Mofa e Mofa non Século de Ouro'. O dúo cómico integrado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira volve a Ortigueira con esta comedia en verso, obra de Quico Cadaval sobre textos de Caldeirón, Lope, Benavente e Zamora

"Bobas & Galegas" é un percorrido gozoso polos argumentos, ocupacións, preocupacións e industrias dos criados do Século de Ouro, clase social que, de todos os traballadores manuais, foi a que contemplou dende máis preto o poder, o seu ouropel, a súa erótica e a súa vaidade.
Entrada: Butacas/palcos: 5 euros; o resto de localidades 4 euros.