Axenda

Contacontos: O chineiro da tía María.

Biblioteca municipal, 17:30 h.

O xoves 17 ás 17:30 contacontos na biblioteca municipal con Xandobela e “O chineiro da tía María”. Unha contada que emprega a técnica tradicional de Italia do “cantastorie”, no que se mistura a narración de historias, as pinturas en grandes lenzos e a música.

Para nenos e nenas de 5 a 9 anos.

Aforo limitado. Precísase inscrición previa na biblioteca ou a través do teléfono 981 400 101.