Axenda

IV Feira de oportunidades

Os días 9 e 10 na Alameda de 10 a 22 h.

Ortigueira celebra a súa IV Feira de Oportunidades do comercio local na que participarán unha decena de establecementos da zona.

Ademais, por primeira vez, o concello sorteará entre os compradores desta feira un total de 1.000 euros, en cheque regalos de distinta contía, que se sortearán ao longo do fin de semana, e que haberá de cambiarse en calquera das tendas que participan no outlet.