Axenda

O Patrimonio marítimo de Galicia. CEIDA

No Centro de Recepción de Visitantes ata o 1 de xaneiro.

A Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial é a produtora desta exposición dinamizada polo CEIDA, que fai un repaso polos elementos do patrimonio marítimo galego, tanto material coma inmaterial. Nela recóllense os oficios e modos de vida vinculados ao mar, así como as cousas, utensilios, barcos, imaxes, técnicas, toponimias, a fala, construcións civís ou militares, e demais aspectos que conforman o "patrimonio marítimo".

Aberto de luns a domingo.