Axenda

Concerto para Bebés

Na Escola de Música a partir das 17: 00 horas

A Escola de Música do Concello de Ortigueira organiza este “Concerto para bebés” que se desenrolará na Sala de Concertos da Escola.


O Concerto está dirixido a bebés entre 0 e 36 meses que virán acompañados por un pai/nai ou por ambos.

Os horarios dos concertos serán en dúas sesións:

1ª SESIÓN (0 a 18 meses): 17h. a 17:30h.

2ª SESIÓN (18 a 36 meses): 17:30h. a 18:00h.

As prazas son limitadas por sesión debido ó aforo da Sala. No caso de que se completen as prazas a Escola de Música fará máis sesións o propio día do Concerto para atender a tódalas solicitudes.

O prazo de inscrición está aberto ata o día 8 de xuño.
Pódense inscribir na Escola de Música ou chamando ó tel. 981402432, de Luns a Venres de 16h. a 22h.

Recomendable levar manta para o bebé.