Teatro da Beneficencia

O Teatro da Beneficencia está na ala este do edificio conventual, empregada antigamente polos monxes para almacenar viño e leña. Un grupo de veciños promoveu a finais do século XIX as obras que converteron estas dependencias nun recinto cultural. Froito desta iniciativa, e gracias ás achegas económicas dos habitantes da Vila, inaugurábase en 1850 o Teatro da Beneficencia.

Vintecinco anos despois o Concello asumiu os traballos que lle deron o aspecto que hoxe presenta. Só faltaban entón o pano do escenario e as pinturas que decoran o teito, realizadas na década final do século XIX. Estas son obra de Vicente Martí­nez Laxe en 1892 -predominio dos tonos claros e dos corpos medio espidos- e Pedro Castiñeiras -panorámica da Vila-. Ámbolos dous eran artistas locais.

O Teatro rexuveneceuse seguindo a planificación conxunta de Gerardo Salvador Molezún, Rafael Baltar Tojo, José A. Bartolomé Argüelles e Carlos Almuiña Díaz, e reinaugurouse en 1991. O local de 35 x 6,5 metros, con escea, palco e paraí­so, amosa actualmente toda a súa beleza, propia dunha pequena obra de arte con sabor romántico.

Pódese visitar de luns a venres ás 13:00 h. en función da dispoñibilidade do espazo. Fóra dese horario, os grupos de máis de 20 persoas poden concertar visitas no teléfono 981 974 103, cunha antelación previa de 48 horas. Entrada gratuita.