Praia da Concha

Á a praia que elixen a maioría dos veciños e veraneantes de Espasante. De feito, o pequeno pobo mariñeiro levántase á súa beira. De area branca e fina, e augas tranquilas, está dotada de todos os servizos (duchas, aseos adaptados, socorrismo, recollida selectiva…). É, tal vez, a praia máis familiar do municipio, galardoada desde fai anos coa Bandeira Azul.

O areal, que dispón de paseo marí­timo e linda nun dos seus extremos co porto desta pequena localidade, conta cun pequeno cordón dunar en fase de recuperación.

Resultan rechamantes os restos, situados a pé de praia, de tres antigas fábricas de salgadura da zona, incluídas desde 2009 no Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia.

A Concha é o punto de partida da "Ruta dos mariñeiros" que forma parte do "Camiño da Costa".